"Truco o trato" é a nova exposición da ilustradora Cinta Arribas (Valladolid,
1983) que nos presenta unha colección de serigrafías e ilustracións en papel, e
que nos trasladan a un mundo de disfraces, carautas e seres inquedantes.
Nesta ocasión é a través do mundo animal como a autora nos mostra o seu
carácter, mestura da estética naïf con trazos máis duros e complexos.
Borróns, probas e ensaios até atopar a forma definitiva, sen dúbida os erros no proceso son o trazo identificativo da súa obra.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e afincada en
Santiago dende hai anos, entre os seus traballos tamén encontramos contos e
bonecos feitos en tea e cerámica, formas redondeadas ás que lles saen fociños,
orellas, patiñas...
“Truco o Trato” será a exposición de outono da tenda-galería O Gato Cósmico
(Rúa Fonte de Santo Antonio,9 / Santiago de Compostela).
Inaugúrase este
xoves 20 de Setembro, e poderase disfrutar ata o 22 de Decembro.
Máis información en:www.ogatocosmico.com
http://cintarribas.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario