O Grupo 1500 esta Semana Santa en Compostela


Sirgo Torcendo, empresa dedicada á busca de solucións eficaces e innovadoras no eido 
da xestión cultural que ofrece un trato personalizado e axeitado ás necesidades específicas 
de cada cliente.
 
Ten o pracer de presentar esta Semana Santa en Compostela   
O grupo de Música Antiga 1500.

Grupo 1500_ Música Renacentista

Dirixido por Andrés Díaz, é unha formación vocal e instrumental adicada á interpretación da Música Antiga.

Específicamente, o seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais da Idade Media ata a música do primeiro Renacemento, tomando como referente central o ano 1500, ano que dá nome ao grupo.

Os e as compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional (Malandança, Grupo de Cámara da Universidade de Santiago, In Itinere, Música Doméstica, Capela Compostelá, Martín Códax, Resonet, Ultreia, etc.), ofrecendo numerosos concertos tanto en Galiza coma no resto de España e de Europa.


Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual empregando un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas, réplicas de instrumentos antigos. 

Ademais da súa actividade concertística o grupo desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, ata a súa execución:

bandas sonoras para audiovisuais (colaboración na curta Cadea perpetua e nos documentais O mariscal, mito, lenda e realidade e Cetreiros do Século XXI), concertos, guías e materiais didácticos e concertos monográficos de temática específica.


Esta formación galega especializada na interpretación de música renacentista presenta o programa

?Eamus videre...? 
 o sábado 7 de abril ás 20.00 horas na igrexa do Colexio da Ensinanza en Compostela. 

As entradas xa están á venda na tenda DE COTÍO, Rúa Xelmírez nº 26 baixo, Santiago de Compostela. 
 
Tamén se poden adquirir en taquilla a tarde do concerto (das 18.00 ás 19.30 hras.) 
Prezo : 10 euros 
Para saber máis, non deixes de visitar: 
 
www.sirgotorcendo.com 

e a web do grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario