“ Preciclar: Acción de reflexión previa ó consumo dun produto, tendo en conta o antes e o despois dos materiais que o compoñen”
PRECICLA!
É un colectivo pluridisciplinar formado por xoves arquitectos, que traballa e actúa no ámbito da sustentabilidade aborada dende diferentes perspectivas: social, funcional e creativa. Co fin de xerar novas visión, actitudes e reflexións respecto do actual sistema de consumo no que nos atopamos.
As súas ferramentas son a educación e o enxeño.
A EDUCACIÓN
Alicerce básico da sociedade. É o modo de facer perdurable o concepto de sustentabilidade, de maneira que nun futuro próximo non se fale de proxectos senón de accións. Dar a entender ideas coma “a limitación dos recursos”, “a pegada ecolóxica”, “o consumo responsable” ou “a sustentabilidade” é a base do noso traballo, e achegar estas ideas ao maior colectivo social posible é o noso fin.
O ENXEÑO
“Facultade humana para descorrer ou inventar con prontitude e faciliade”.Será unha importante arma para poder actuar e introducir cambios no rumbo do desenrolo insostible que estamos a seguir. O fomento da creatividade na sociedade, nos fará máis ocurrentes á hora de aportar novas ideas e en consecuencia nos fará máis libres.
Por medio do deseño e a creación podemos acadar a optimización dos recursos, o respeto polos materiais e por extencisón, polo entorno e as persoas que o habitan...
![]() |
Reciclaxe creativa-NoiteNova (A Coruña) |
![]() |
Nocturnia-Reciclaxe Textil (A Coruña) |
¿Qué ofrecen?
As actividades que o colectivo PRECICLA! presenta, posúen un formato aberto e variado, sempre con fin de xerar novas reflexión, situación e creacións en torno ao sistema de consumo no que nos atopamos.
Se ofertan adaptadas a diferentes públicos, dende nenos ata distintos colectivos da sociedade.
A oferta comprende:
Cursos, xornadas
Talleres monográficos
Exposicións
Talleres para acontecementos
Intervención en espazos, instalacións
Talleres trimestrais
![]() |
Noites Abertas-Reciclaxe Creativa (Pontevedra) |
![]() |
PRECICLA!! |
A través de todos os talleres PRECICLA! pretende explorar e incentivar as capacidades creativas e resolutivas dos asistentes.
A intención é orixinar unha desvinculación de diferentes materiais ou obxectos co seu significado, para poder chegar posteriormente á xeración doutros novos materiais ou obxectos cun significado desde diferentes, ata diametralmente oposto. Esta acción non é máis que o fundamento ou a base de todo proceso de reutilización e de reciclaxe. Onde o paso máis importante non é a repetición dun mero hábito ou feiro, senon que o é, o proceso mental de creación e resolución. Con estas actividades búscase investigar, doumentar e fomentar devandito proceso, tendo en conta a vinculación e o paralelismo entre un porceso creativo e un proceso de concienciación e respeto polos recursos naturais.
Talleres de Reciclaxe Creativa
Talleres Proxecto Precicla residuo e creación
RESICRÓNICA: “Apropiación do espazo urbano mediante residuo colectivo”
É unha acción comunitaria que pretende estreitar o vínculo do cidadán con espazo público a través da manipulación dun obxecto cotián, o residuo, convertido en materia prima.
É unha acción comunitaria que pretende estreitar o vínculo do cidadán con espazo público a través da manipulación dun obxecto cotián, o residuo, convertido en materia prima.
É unha acción comunitaria que pretende estreitar o vinculo do cidadán co espazo publico a través da manipulación dun obxecto cotián, o residuo, convertido en materia prima.
![]() |
Tecido comunitario na Alameda de Compostela |
Confección dun “tecido Patchwork” comunitario de grande escala, empregando o residuo como materia prima.
Neste momento, o colectivo PRECICLA! está a realizar numerosos talleres recorrendo o interior de Uruguai, gracias a que foi seleccionado polo "Fondo concursable para la Cultura MEC".
SEBASTIÁN GONDA:
Arquitecto especializado en enerxías renobables e sustentabilidade, co ampla experiencia na impartición de talleres ligados aá creación e ao deseño, actualmente desenvolve labores de investigación, docencia e experimentación en relación á problema´tica ambiental do tratamento dos residuos e todas as novas posibilidades asociadas aos mesmos.
MARTA GÓMEZ:
Arquitecta especializada en deseño sustentable e enerxías renovables, actualmente desempeña traballos de investigación e docencia, no eido da arquitectura responsable e a eficiencia enerxética así como na exploración e reinterpretación dos ciclos de vida dos materiais a través do deseño e o enxeño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario