SANTIAGUIDE: O GATO CÓSMICO



O Gato Cósmico é un novo espazo que abriu fai uns meses en Santiago de Compostela, ó ladiño da Sala Capitol.


A arte, a moda, o deseño e a filosofía DIY (Do-it-yourself) - pola que o consumidor convértese no creador do produto final- son os termos que definen o contido desta tenda onde poderás mercar artigos exclusivos e de edición limitada feitos por artistas de tódalas partes do mundo ou procedentes de museos tan recoñecidos como o Moma de Nova Yorke ou o Victoria & Albert de Londres. 













 
Ademais organiza exposicións temporais de artistas galegos. Sen dúbida un espazo diferente a ter en conta e que non te deberías perder.

Coas seguintes palabras, é como se definen na súa web...

"Despois dunha longa viaxe por países interestelares e estraños planetas, despois de correr un sen fin de aventuras, o Gato Cósmico aterra en Compostela co desexo de mostrar todas esas cousas “cósmicas” que foi atopando no transcurso das súas viaxes, cousas e deseños orixinais feitos por artistas de tódolos recunchos do mundo e que el foi coñecendo e coleccionando dentro do seu afán de descubrir a novos talentos e os novos medios de expresión das novas xeracións, esto é a ilustración, o arte urbano e os materiais reciclados.



















Tamén aposta por esa nova filosofía  DIY (Do It Yourself) que converte ó consumidor en creador do produto final, participando nun proceso que fai que o entendemento e a comprensión se expandan. Agora abre este espazo en Compostela como punto de inflexión vital, xa que un novo cometido aínda está por chegar: a busca da creación galega, dos novos artistas emerxentes que veñen con gana de dicir cousas, de amosar cousas, de ser cósmicos. 

Toda unha nova aventura que comezou o 15 de Abril e que agarda ser un referente para todos aqueles que apostan pola creación sen límites nin fronteiras."

esperante en:
 
concepción arenal,1 local 4
santiago de compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario